Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Unha mostra para repasar a historia dos Pérez-Carro

La Voz

OURENSE

A mostra poderase visitar ata o dia 31 de marzo
A mostra poderase visitar ata o dia 31 de marzo Santi M. Amil

A Biblioteca Nós acolle, ata o 31 de marzo, a mostra  «Os maragatos da Porta de San Pedro»

18 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o día 31 • Biblioteca Nós • Ourense • Cara a 1880 chegou a Lugo Tomás Pérez Carro. Como moitos outros da súa terra que apostaron por asentarse en Galicia veu á cidade das murallas dende a Maragatería leonesa. E como a gran maioría dos procedentes da mesma montou negocio no seu novo asentamento: neste caso na coñecida como a Porta Toledana da muralla de Lugo —na actualidade Porta de San Pedro—. Asentáronse Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro fóra da muralla, para poder desenvolver a súa actividade comercial libremente, sen ter que pagar os fielatos que se cobraban daquela. Pasaron 145 anos dende a chegada e a terceira xeración da familia creou, dende a Fundación Pérez-Carro e en colaboración co colectivo Egeria, a exposición «Os maragatos da Porta de San Pedro», na que se repasa a historia daquela familia leonesa que na actualidade é galega de seu.

 

Logo de pasar polas bibliotecas de A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra, a exposición chegou a cidade de Ourense. Dende este luns, e ata o próximo día 31 de marzo, a mostra pode visitarse nas instalacións da Biblioteca Nós.