
As inscricións poderán realizarse ata o 28 de abril
28 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os preparativos para a Festa dos Maios deste ano arrancaron no Concello de Ourense coa convocatoria do concurso, no que se incrementan os premios e axudas. O mellor maio artístico obterá 1.000 euros, o mellor enxebre 700 e as mellores coplas adultas e infantís 500. As inscricións poderán realizarse ata o 28 de abril cubrindo un modelo que pode descargarse na web municipal.