
Poldras presentou a súa carpeta de «As laranxas máis laranxas de todas as laranxas»
03 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A obra é xa un clásico da literatura infantil galega, e o autor unha das referencias da historia da cultura de Galicia. E precisamente no Liceo de Ourense, que sempre definiu como a súa segunda casa na cidade e onde ía ao parladoiro, presentouse a carpeta do gravador Xosé Poldras sobre «As laranxas máis laranxas de todas as laranxas», de Carlos Casares. O presidente da institución, o irmán do escritor Xabier Casares; Xulio Pérez Pereiras e José Ángel Cid acompañaron ao autor.
«Carlos Ares, da Fundación Carlos Casares, chamoume para participar nunha actividade con rapaces na biblioteca de Nigrán e logo estiven noutra iniciativa que se desenvolveu no Liceo. E a raíz destas colaboracións foi cando lle propuxen facer este proxecto», sinalou o artistas. As vivencias persoais marcaron a súa elección: «Téñolle moito cariño porque me lembro da versión que fixo o CDG hai vinte anos e o ben que o pasaron as miñas rapazas. Pois iso me decidín pola obra», recoñece Poldras.
A carpeta de «As laranxas máis laranxas de todas as laranxas» inclúe tres gravados do artistas ourensán e un texto de José Ángel Cid, profesor de Matemáticas no Campus de Ourense, e tres extractos dos diálogos orixinais da obra e Casares.
Como ten feito en propostas anteriores, Poldras apostou por xuntar nunha mesma iniciativa arte, literatura e ciencia. «Xa o fixen coas carpetas que levaban colaboracións de Susana Bayo, Oitabén, Conchi da Silva e Ana Gloria Rodríguez».