Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Coral de Ruada homenaxea a Virxilio cun concerto no Simeón

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Concerto da Coral de Ruada na catedral de Ourense
Concerto da Coral de Ruada na catedral de Ourense Santi M. Amil

O pai do pintor, ao que se lembra cunha mostra polo seu centenario, foi un dos fundadores da coral 

08 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel ten abertas ao público na actualidade varias exposicións. Entre elas a centrada na obra do pintor Virxilio coincidindo co centenario do seu nacemento —que se cumpriu o 21 de marzo—. O artista ourensán colaborou con moitas asociacións e colectivos da provincia e de maneira moi especial coa Coral de Ruada, á que o unía unha relación especial por ser o seu pai un dos fundadores. Como xa se anunciou cando se inaugurou a mostra do edificio Simeón, a Coral de Ruada ofrecerá un concerto de homenaxe a Virxilio. Será este martes. Ás 19.15 horas sairán dende o Principal, acompañados cos seus gaiteiros, e o concerto será ás 19.30 horas na propia exposición.