Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O PP de Ourense critica a falta de programación polas Letras Galegas na capital

La Voz OURENSE

OURENSE

Ana Méndez, portavoz del grupo municipal del PP de Ourense.
Ana Méndez, portavoz del grupo municipal del PP de Ourense. MIGUEL VILLAR

A oferta municipal «non pode quedar reducida a unha única actuación nas festas do barrio do Couto», di Ana Méndez

09 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A única actividade prevista polo Concello de Ourense o próximo día 17 de maio polo Día das Letras Galegas é un concerto do grupo Luar na Lubre. «É unha honra que actúen na nosa cidade, pero a programación non pode quedar reducida a unha única actuación nas festas do barrio do Couto», lamenta a voceira do PP, Ana Méndez, que di que cando os populares gobernaban esta data si contaba con programación municipal.