O PSOE ourensán participará de novo na Festa dos Maios

La Voz OURENSE

OURENSE

Celebración dos maios en Ourense.
Celebración dos maios en Ourense. Santi M. Amil

Os socialistas organizarán unha actividade para conmemorar as Letras Galegas «ante o baleiro institucional do Concello»

14 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Na súa última reunión, a executiva local do PSOE ourensán acordou organizar unha actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, «ante o baleiro institucional do Concello». Ademais, os socialistas volverán participar na Festa dos Maios e proximamente anunciarán as datas para a súa elaboración, que estará aberta a participación de todos os ourensáns que o desexen.