
A organización da mostra tivo que suspender a representación de Teatro del Barrio
18 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Día 23 • 20.00 horas • Teatro Principal • Entradas en ataquilla.com • A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, Miteu, conta as horas para iniciar a programación dunha edición moi especial: a que celebra os seus trinta anos de historia.
En principio estaba previsto abrir a Miteu 2025 coa montaxe «Infiltrado en Vox», de Teatro del Barrio. Aínda que non vai poder ser.
Dende a organización do festival escénico ourensán anunciouse este xoves que «por cuestións de saúde» a compañía non poderá estar en Ourense o día 23. Daquela a Miteu abrirase co espectáculo «El show de Ignatius Farray». O cómico de Tenerife leva máis de vinte anos de carreira artística e os seus espectáculos nunca deixan indiferente ao espectador.