«Seguiremos loitando ata o final polo paso da A-76 por Trives»

La Voz

A POBRA DE TRIVES

MIGUEL VILLAR

CANDIDATO DO PP EN TRIVES

18 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Chámome Luís Álvarez González, teño 59 anos e son empregado de banca. Nacín en Trives e aquí vivín durante toda a miña vida. Estou casado e teño dúas fillas. Teño unha longa experiencia política. Levo vinte anos como alcalde e trece deles tamén como presidente da Mancomunidade do Navea-Bibei. ?este anos tense feito unha labor importante, pero creo que aínda quedan moitas cousas por facer que se saímos elixidos trataremos de rematar. Nos últimos anos conseguimos solventar o problema que tiñamos cos cortes de auga da traída no verán. Coa nova captación isto está xa solucionado de forma definitiva. Ademais, nos pobos melloramos os sumidoiros, as rúas e as estradas que unen uns cos outros. En Pobra de Trives, ademais da obra de Santa Leonor, arranxamos moitas rúas cambiando o cemento por pedra e tamén fachadas coa axuda do Leader. A nosa idea é seguir por esa liña porque aínda pódese facer moito máis. Para o futuro seguiremos loitando ata o final polo paso da autovía A-76 polo «Corredor 3», que é o que discorre por Trives. Para nós é primordial porque aí está o último tren para o desenrolo de noso municipio. Ten que pasar por aquí porque a N-120 quitáronnola sen máis e Monforte xa ten boas comunicacións. Non temos nada contra os de Monforte, pero se nós tiveramos as estradas que teñen eles non reclamaríamos a autovía A-76 por aquí.