No campus de Ourense houbo unha conversa sobre as letras galegas

La Voz OURENSE / LA VOZ

A POBRA DE TRIVES

ALEJANDRO CAMBA

Montse Dopico e Isabel Mociño centraron o acto sobre Luisa Villalta

18 may 2024 . Actualizado a las 13:20 h.

O goteo de actos polo Días das Letras Galegas na provincia de Ourense non cesa. Onte, por exemplo, na Facultade de Educación e Traballo Social do campus tivo lugar unha conversa sobre as letras entre Montse Dopico e Isabel Mociño. Tamén se procedeu á entrega dos premios de relato curto, poesía e tradución. Ademais tivo lugar a proxección do vídeo «Variacións sobre a obra de Luisa Villalta».

No programa de actividades, ao marxe da romaría Raigame, en Barbadás terá lugar hoxe unha foliada e xantar no parque dos Carrís.

En A Pobra de Trives, pola súa banda, decidiron aprazar ao próximo venres 24 de maio a celebración das Letras Galegas co espectáculo teatral titulado Crónica dun pobo. Será a partir das 20.00 horas cando os actores e actrices da compañía valdeorresa Gargallada Teatro se suban ao escenario do Auditorio Xulio Vázquez. A obra teatral é a número 16 que a compañía leva aos escenarios e está dirixida por Manuel Caramés.