Antonio Manuel Fraga Allegue gañou a primeira edición da convocatoria literaria
12 mar 2016 . Actualizado a las 19:55 h.Na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz procedeuse á entrega do primeiro Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, unha iniciativa promovida pola fundación que conta co patrocinio de Urco Editorial, Gráficas Sacauntos, as librarías Aira das Letras (Allariz) e Traga Mundos (Vila Real), Fina Rei e Restaurante O Pingallo. Na primeira convocatoria do certame resultou gañador Manuel Antonio Fraga Allegue, que presentou a obra «Querido H. P. Lovecraft». A convocatoria fallouse hai uns meses e hoxe procedeuse á entrega do premio nun acto no que participaron o presidente da fundación, Luís Martínez-Risco Daviña, e Antonio Manuel Fraga Allegue.