A vila ten todo preparado para unha cita referente en Galicia que comenza este sábado
09 jun 2023 . Actualizado a las 19:38 h.Este sábado arranca a Festa do Boi de Allariz. A Asociación Cultural Xan de Arzúa está detrás dunha cita referente na provincia de Ourense. Neste 2023 cumprense os corenta anos da súa recuperación. Corría 1983, cando un grupo de mozos alaricanos decidiu que era necesario recuperar a tradición de que un boi percorrera as rúas da vila. Ata o día 11 deste mes desenvolveranse máis de 50 actividades; música, teatro, encontros populares e, por suposto, as saídas do boi, que centrarán, un ano máis, a programación festiva. Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a procesión medieval na que participan máis de vinte gremios. Os nenos terán o seu espazo coa programación de actividades como as saídas do boi infantil, o espectáculo de monicreques creado polos centros de ensino de Allariz, o Pistaboi, a merenda infantil ou a actuación do mércores a tarde. A música terá unha importante presenza na festa contando con grupos de gaiteiros, charangas e orquestras, e os tradicionais Zés Pereiras, entre outros.
Sábado, 3 de xuño
Exposición de xugadas mansas na Barreira durante toda a fin de semana.
18.30 horas: Recreación do Trato do Boi en Roimelo e baixada cos bois ata a Barreira.
19.30 horas: Pasacalles ao cargo da charanga A Felga.
20.00 horas: Saúdo do Corrixidor de Honra e entrega do sedeño na Barreira.
20.30 horas: Saída do Boi dende a Casa do Boi.
21.00 horas: Pasacalles a cargo da charanga A Felga.
00.00 horas: Ruada polo casco histórico coa charanga Mekanica Rolling Band
Domingo, 4 de xuño
11.00 horas. Pasacalles co grupo De Pé Feito.
12.00 horas: Procesión medieval do Xan de Arzúa. Recreación da orixe da Festa do Boi dende O Eiró.
14.30 horas: Xantar medieval na Barreira.
16.30 horas: Concurso de trobadores. Actuación dos gremios na Barreira.
19.00 horas: Pasacalles ao cargo do PerQtores.
21.00 horas: Saída do Boi.
Luns, 5 de xuño
8.00 horas: Saída do Boi.
19.30 horas: Saída infantil do Boi
21.00 horas: Saída do Boi.
Martes,6 de xuño
8.00 horas: Saída do Boi.
17.30 horas: Pistaboi, Á procura de Xan de Arzúa dende a Praza Maior.
19.30 horas: Saída infantil do Boi
21.00 horas Saída do Boi.
Mércores, 7 de xuño
8.00 horas: Saída do Boi
18.30 horas: Teatro de monicreques «A historia do Xanciño de Arzúa» polo alumnado de 5º de primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz na Praza de Abaixo.
20.30 horas: Pasacalles infantil. O estrano caso do dentista da rúa Brasov na Praza de Abaixo.
Xoves, 8 de xuño
20.30 horas; Saída do Boi.
00.00 Verbena na Barreira, coa Orquestra Cinema.
Venres, 9 de xuño
12.00 horas: Treboada cos Zes Pereiras.
13.30 horas: Saída do Boi.
19.00 horas: Pasacalles coa treboada dos Zes Pereiras e o grupo De Pé Feito.
20.00 horas: Encontro de gremios no Castelo, na compaña da treboada dos Zes Pereiras e o grupo De Pé Feito. Procesión das bandeiras ata a Praza Maior.
20.30 horas: Xuntanza na Praza Maior. Acomodo do Xan de Arzúa e colga da bandeira na Casa do Concello.
21.00 horas: Saída do Boi.
21.30 Pasacalles coa treboada dos Zes Pereiras e a charanga Alambique.
00.00 horas; Verbena na Barreira con A Gramola
00.30 horas: Ruada polo casco histórico, coa charanga Alambique
Sábado, 10 de xuño
12.00 horas: Saída do Boi infantil
12.00 horas: Pasacalles coa charanga Sugarri e a treboada dos Zes Pereiras.
13.30 horas: Saída do Boi.
19.00 horas: Pasacalles coa charanga Sugarri e os Zes Pereiras.
19.45 horas: Encontro de charangas no Eiró.
20.30 horas: Saída do Boi.
21.00 horas: Pasacalles coas charangas Achicoria, Sugarri e os Zes Pereiras.
00.30 horas: Ruada polo casco histórico, coa charanga Achicoria.
00.00 horas: Verbena na Barreira coa Orquestra Royal
Domingo, 11 de xuño
12.30 horas: Pasacalles coa charanga Sugarri e os Zes Pereiras.
18.00 horas: Pasacalles coa charanga Sugarri, os Zes Pereiras e a Murga Achicoria.
19.00 horas: Saída dos Bois.
20.30 horas: Despedida do Xan de Arzúa e traslado ata a Casa do Boi na compaña da Murga Achicoria
Para que a Festa do Boi se celebre sen ningún sobresalto, dende a organización dan varios consellos, entre eles, lembran que ós bois non se lles pode tocar. Corresponde o seu tacto e coidado aos homes do sedeño e a aguillada. Agora queda vivir a festa.