O Festival Literario de Allariz triunfa ensinando novas facetas do mundo do libro

LA VOZ OURENSE

ALLARIZ

Os convidados Carlos Meixide, Antón Riveiro Coello, Marta Orriols, Berta Dávila, Marina Penalva e Bernat Fiol
Os convidados Carlos Meixide, Antón Riveiro Coello, Marta Orriols, Berta Dávila, Marina Penalva e Bernat Fiol cedida

Unhas dúascentas persoas participaron nos encontros entre escritores e axentes literarios

07 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A terceira edición do Festival Literario de Allariz (FLAZ) acadou unha gran resposta do público ante a súa proposta de profundizar nos procesos de publicación dunha obra. Escritores e axentes literarios pecharon este sábado dous días de diálogo para achegar aos lectores a viaxe pola que un orixinal chega ata o escaparate dunha librería.

Co eixto temático «Escribir e publicar non son a mesma cousa», o FLAZ xuntou aos escritores Carlos Meixide, Antón Riveiro Coello, Marta Orriols e Berta Dávila cos editores Marina Penalva e Bernat Fiol. Unhas dúascentas persoas aos encontros e diálogos e que sitúa o festival como un dos eventos que renovan a relación entre o mundo do libro e a comunidade lectora. «O feeling que percibimos do público fai que xa pensemos no FLAZ 2025», sinalou o seu director, César Lorenzo.

 O segundo día de festival tivo primeiro como protagonistas aos axentes Marina Penalva e Bernat Fiol, que explicaron ao público en que consiste a súa profesión. Pola tarde, unha autora catalana e unha galega, Marta Orriols e Berta Dávila, abordaban ante unha sala ateigada de público o peso que ten a vida cotiá na construción da súa obra literaria. Por último, a cita despediuse cunha mesa redonda na que participaron todos os convidados.

Os encontros complementáronse ca Feira de Editoras Galegas, na que participaron Antela, Cuarto de Inverno, Patasdepeixe, Boadicea, Los Libros del Salvaje, Rinoceronte, Sushi Books, Morgantes, Rodolfo e Priscila e Aira Editorial.