Manuel Fernández Rincón: «Aos meus 79 anos agora de política non quero saber nada»
AMOEIRO

O sábado que vén, o Concello de Amoeiro vai homenaxear a todos os concelleiros que formaron parte da corporación desde o ano 1979 ata o 2011. Un deses concelleiros foi o alcalde Manuel Fernández Rincón (Trasalba, 1934).
-¿Cal foi a súa experiencia?
-Fun concelleiro sete anos antes da democracia, despois fun edil oito anos, sendo alcalde José González e entre 1987 e o 2007 fun alcalde, por Centristas e polo PP.
-¿Que lle parece a homenaxe?
-Ocorréuselle a este alcalde actual. O meu partido dixera no seu día que me ían facer unha gran homenaxe pero non a fixeron. Gústame a idea que propón o Concello, non lle vou ir en contra. Penso que a homenaxe non facía falta. Eu fixen todo o que puden por Amoeiro. Tiña bastante traballo na casa. Non facía falta homenaxe algunha.
-¿Como valora os vinte anos na alcaldía?
-Ben, pero non deberían ter sido tantos anos porque eu tiña moito traballo co bar e co almacén. O partido presionaba e nas últimas eleccións non sacamos maioría e despois dimitín como edil.
-¿Que é o mellor que fixo?
-Cousas coas que quedei conforme. Non había en Amoeiro traída de auga nin alcantarillado, fixemos o bombeo desde Rivela, construímos a Casa da Cultura, o polideportivo, asfaltáronse pistas...
-¿E o peor que lle pasou?
-Que fomos a piques co almacén. Mellor me iría se tivera máis tempo para meu negocio.
-¿E bo de gobernar Amoeiro?
-Si, mais eu non estudei nada. Confiaba na secretaria e sabía que non me embarcaba.
-¿En que pasa agora o tempo?
-Atendo a finca na casa, os animais, teño saúde.
-¿E a política?
-Aos meus 79 anos agora de política non quero saber nada.
MANUEL FERNÁNDEZ RINCÓN EXALCALDE DE AMOEIRO