A Xunta da luz verde ao Plan Básico Municipal de Beariz

La Voz OURENSE

BEARIZ

Casa consistorial de Beariz
Casa consistorial de Beariz Santi M. Amil

O instrumento permitirá ao municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica

07 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de anunciar a aprobación inicial do Plan Básico Municipal de Beariz. O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a información deste trámite, que pretende dotar ó concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio. Trátase dunha ferramenta urbanística básica que permitirá ao municipio ourensán ofrecer capacidade de acollida residencial e económica.

Tras a resolución de aprobación iniciado o pasado día 22 de outubro, o documento sométese a información pública durante dous meses e solicitaranse todos os informes preceptivos previos para o seu consentemento definitivo.

O Plan para este concello, que conta cunha poboación de 946 habitantes, clasifica un ámbito de solo urbano consolidado e delimita 21 núcleos rurais distribuídos nun total de tres parroquias. O documento cataloga ata 520 elementos que se corresponden con Bens de Interese Cultural (1), destacados a nivel arqueolóxico (71), arquitectónico (420) e etnolóxico (28).