O inicio do curso político

José A. Parente O OURENSE TERRENAL

BOBORÁS

02 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Logo dun verán cheo de actividades turísticas, festas históricas e gastronómicas ao longo da nosa provincia, con setembro os políticos voltamos á actividade, unha actividade que dende o Partido Popular de Ourense non cesou en ningún momento.

Actividades turísticas como as visitas por todos os conxuntos monumentais da Ribeira Sacra, dende San Pedro de Rocas ata Santo Estevo de Ribas de Sil; festas históricas como a Batalla de 1809, que se celebra na vila de Boborás; a festa do Esquecemento de Xinzo; festas etnográficas como a da vendima de Leiro e festas gastronómicas como o Pemento en A Arnoia e Oímbra; os callos en Lobios, o galo que pica no chan en Muíños, a do polbo en Carballiño ou a do carneiro ao espeto en Chandrexa de Queixa.

Logo de todas estas actividades na época estival, dende actividades turísticas, etnográficas, históricas e gastronómicas, no Partido Popular de Ourense estamos preparados e listos co mellor comandante liderando a flota dos 92 concellos da provincia, un comandante como é Manuel Baltar, como diría Vicente Risco, listo para volver a ser «paradigma de Galicia». Con traballo e coa realización ao longo destes catro anos de lexislatura en favor de Ourense e por e para Ourense, co plan 15-19, fóronse cumprindo todas e cada unha das acometidas detalladas neste plan. O Partido Popular de Ourense volverá a ser o emblema do Partido Popular de Galicia.

No tócante as vilas, os distintos xenerais están listos dende Xinzo, única vila que goberna o PPdeOU nas vilas de mais de dez mil habitantes da provincia, ata O Carballiño, para loitar e seguir traballando polos mais importantes en política, os veciños.

No resto dos concellos da provincia, os demais xenerais, levan un arduo traballo de catro anos loitando dende os gobernos locais e dende as oposicións, unhas oposicións que ben de seguro en maio do vindeiro ano pasarán a ser alcaldías e gobernos locais a favor dos veciños e gobernados polo Partido Popular de Ourense. En definitiva, estamos xa ca volta ao colexio, volta a ser cos mesmos obxectivos: Ourense, as súas vilas e concellos e a súa cidade, onde Xesús Vázquez, logo do gran traballo realizado durante esta lexislatura, de seguro recibirá o apoio dos seus veciños para afianzar esa maioría e ser absoluta.

A volta ao colexio é Ourense, as sete letras máis importantes para o Partido Popular.