Últimos días para ver a exposición de fotografía «Carlos Velo. A volta a Cartelle»

La Voz

CARTELLE

Carlos Velo

A exposición está aberta ao público no Centro Cultural Marcos Valcárcel

25 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • De 11.00 a 14.00 horas • Centro Cultural Marcos Valcárcel No espazo expositivo da Deputación de Ourense amósase a exposición «Carlos Velo. A volta a Cartelle. Fotografías, 1967», que se clausurará na xornada de mañá domingo, día 26. A mostra está formada por corenta e dúas imaxes de gran formato, un metro cadrado, que foron realizadas hai medio século polo director de cine Carlos Velo. O realizador, exiliado en México, aproveitou unha viaxe a Francia -presentaba «Pedro Páramo» no Festival de Cannes- para achegarse ao seu pobo e visitar aos seus pais, cos que non estaba dende había trinta anos. Coa súa cámara fotográfica fixo unha reportaxe, a que se pode ver no Simeón, centrada nos seus pais, nos veciños e no pobo de Cartelle.