Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Inda hoxe estou dando clases de latín a algúns cregos»

Fesús M. García OURENSE/LA VOZ.

CELANOVA

24 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Naceu no municipio de Cartelle, no 1929. Foi catedrático de bachalerato e coengo xubilado. Estivo 44 anos no Seminario Menor (1950-1959), logo no Otero Pedrayo (1959-1982); foi catedrático de latín en Verín (1982-1983) e en Celanova (1982-1983) e no Ingabad (1987-1994).?Sendo monaguillo co seu curmán aprendeu os primeiros latíns a forza de repetir entre os dous as fórmulas da misa, tanto as dos fieis como as do crego. Leva xa algúns anos xubilado como profesor de Latín que foi no Seminario e no Otero Pedrayo. Foi alumno seu Carlos Casares, a quen lle veu a vocación de escritor grazas ás súas clases. Agustín ten boa memoria e un verbo moi interesante. Recoñece que hoxe é máis doado estudar latín seguindo a lingüística estruturalista.

-¿Como comezou o seu labor docente?

-Eu comecei aos 21 anos dándolle clase a uns mozos de 15 a 17 anos e recordo que o ultimo día de clase apareceron cunha postal que puña por detrás: «os alumnos de cuarto de Humanidades ao seu bo profesor de Latín, Agustín Madarnás. Foi para min un estímulo realmente extraordinario e seguín coa Literatura porque nos 50 tiñamos como libros de comentario de texto El Bosque animado , de Wenceslao Fernández Flórez, un libro de premio nobel galego. É a alma de Galicia que estropeouna completamente a película que fixeron porque non a entenderon. Colleron escenas para facer rir pero non entenderon o reflexo da alma galega nesa obra.

-Pero incidiu moito na lingua latina...

-Atreviámonos con Cicerón, cunha análise profunda. Foi unha etapa na que estiven nove anos ensinando latín no Seminario e despois acabei facendo cátedras de Latín.

-¿Como ve a evolución do mundo educativo e a perda de respecto ao docente?

-Iso é penoso. Agora ben, hai tamén alumnos magníficos, traballadores, brillantes pero hai tamén moita masa e na masa cabe de todo e o labor do mestre é difícil. A min felicitáronme moitos por xubilarme no momento en que o fixen.

-No latín bebe a nosa cultura, a alma de Galicia.

-Totalmente. Usamos todos os días moitas palabras que veñen do latín. Bueno, hoxe estou dando clases de latín a algúns cregos.