Celanova vibrará cos poemas de Curros Enríquez

La Voz

CELANOVA

Agostiño Iglesias

Ás 18.00 horas haberá un concerto no claustro barroco do Mosteiro de San Salvador 

11 sep 2021 . Actualizado a las 10:14 h.

As actividades incluídas no programa «Emocións, un camiño musical polas letras de Manuel Curros Enríquez», no que colaboran o Concello de Celanova, a fundación que leva o seu nome, os comerciantes, artistas e veciños continúan durante todo o fin de semana. Hoxe, ás 18.00 horas, terá lugar a cita máis importante, o acto central. O claustro do Mosteiro de San Salvador acollerá un gran concerto no que o fío condutor é una composición musical para banda, coro e cantantes solistas acompañados dun narrador, gaita e baile galego elaborada expresamente para o proxecto polo director e compositor local Manuel Alejandro López Pérez. Esta obra describirá a través dunha selección de poemas recollidos do poemario Aires da miña terra as emocións de Manuel Curros Enríquez.