Césareo Sánchez Iglesias presentou o seu último poemario en Celanova

La Voz

CELANOVA

Presentación do poemario de Cesáreo Sánchez Iglesias, á esquerda, en Celanova
Presentación do poemario de Cesáreo Sánchez Iglesias, á esquerda, en Celanova Cedida

A Casa dos Poetas acolleu o acto arredor da obra «A árbore que dá as lágrimas de Shiva»

06 feb 2023 . Actualizado a las 17:11 h.

O escritor Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín, O Irixo, 1951) mantén unha estreita relación coa realidade da India e dos países asiáticos, a onde acostuma a viaxar. Desa experiencia ten dado conta o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) nos seus artigos, traballos literarios e fotográficos e libros. O seu último poemario «A árbore que dá as lágrimas de Shiva» (Edicións Xerais) foi presentado na Casa dos Poetas de Celanova. No acto o poeta estivo acompañado polo docente e escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte. Tamén participou na presentación o secretario da Fundación Curros Enríquez, Antonio Piñeiro

Para poñer a música á convocatoria contouse coa actuación do grupo da Escola de Música Banda de Celanova.