Ramón Caride presenta o seu último libro en Celanova rodeado de autores locais

CELANOVA

Presentación do libro de Ramón Caride en Celanova
Presentación do libro de Ramón Caride en Celanova A. MÍNGUEZ

A presentación serviu para dar visibilidade ao proxecto Basket por libros

19 mar 2023 . Actualizado a las 17:43 h.

O escritor ourensán Ramón Caride presentou este sábado na Casa de Curros de Celanova o seu último libro Nada do outro mundo, editado polo selo alaricense Aira. O autor estivo rodeado de distintos autores locais, como Xoán Carlos Domínguez Alberte, Isabel Mociño ou Xosé Manuel del Caño e numerosos familiares e amigos. O acto, presentado polo tamén escritor e director do colexio Curros Enríquez de Celanova, Jorge Emilio Bóveda, estivo amenizado por un dúo de corda Lula Mora, composto por unha das fillas do autor, Sara Caride, e unha amiga, Silvia Izquierdo, sendo a primeira presentación, pero non será a única, en terras ourensás. O libro é un compendio de quince relatos, un deles inédito, que conviven con textos autobiográficos de Darío Gancedo, heterónimo do autor. Ademais, a presentación serviu para dar visibilidade ao proxecto Basket por libros, unha iniciativa do colexio e do instituto celanoveses que promoven a convivencia do deporte e a literatura, neste caso a través dunhas postais con fotografías de Víctor Conde e poemas de Ramón Caride.