Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Cástor Pérez presentou en Celanova «Camiño xacobeo Miñoto Ribeiro»

CELANOVA

Antonio Míguez Amil e Cástor Pérez
Antonio Míguez Amil e Cástor Pérez Alejandro Mínguez

O coautor do estudo estivo acompañado por Antonio Míguez Amil

19 mar 2023 . Actualizado a las 18:10 h.

O historiador celanovés Cástor Pérez Casal presentou este domingo, no Administración Gastro-bar da súa vila, o estudo histórico editado pola Deputación de Ourense titulado «Camiño xacobeo Miñoto Ribeiro». Estivo acompañado no acto polo responsable da oficina de información turística de Ribadavia, Antonio Míguez Amil, experto en materia vitivinícola. Non puido acudir á presentación o coautor do texto, Xosé Ramón Estévez, que escusou a súa presenza. 

O libro recolle vinte e tres anos de investigación e amplía o xa editado no 2010, no que de forma exhaustiva e con reprodución de documentos, se defende a existencia dende antigo da ruta que dende Braga chegaba a Santiago de Compostela, tras pasar polas localidades lusas de Ponte da Barca ou Melgaço, ata adentrarse en Galicia por Lobios, Padrenda e continuar ata Ribadavia, pasando logo polo Ulla. Un camiño que ten catro vertentes fundamentais -«a historia, o termalismo, a natureza e o viño»-, tal e como explicou Cástor Pérez nun acto que deixou pequenas as instalacións do Administración Gastro-bar. O lector pode atopar nesta monografía seis seccións ao longo de 330 páxinas e cun pormenorizado estudo das tres variantes da ruta.

O acto, presentado por José Antonio González López, servíu tamén para dar a coñecer aos celanovenses unha nova asociación -denominada Silva escura- que quere promover a riqueza natural de Celanova e o deporte.