A Fundación Curros Enríquez concede o premio «Celanova, Casa dos Poetas» ao escultor Buciños
CELANOVA
Os membros do padroado destacaron a súa longuísima traxectoria «no cumio principal da arte escultórica galega»
19 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O padroado da Fundación Curros Enríquez celebrou xuntanza este sábado en Celanova para aprobar as contas e as actividades do ano 2022, e para planificar as iniciativas a desenvolver durante o exercicio 2023. No encontro, presidido polo rexedor Antonio Puga na súa condición de responsable da fundación, acordouse a concesión do premio Celanova, Casa dos Poetas deste ano. Os reunidos decidiron conceder o trixésimo noveno galardón desta convocatoria ao escultor Manuel García Vázquez, coñecido artisticamente co nome de Buciños.
O xurado salientou a «súa longuísima traxectoria no cumio principal da arte escultórica galega, como transformador que ten sido das formas lisas e apacibles da madeira, o bronce e a pedra, que se mimetizan subliminalmente coas da nosa propia orografía das nosas serras e das que emerxen figuras que transmiten sensibilidade e harmonía dun xeito tan personal que resulta imposible admirar algunha das súas obras sen esclamar interiormente: ‘Esa é de Buciños!’». A Fundación Curros Enríquez incidiu en que tiña unha eiva aberta ao non contar con Buciños no cadro de honra do seu padroado.
O premio Celanova, Casa dos Poetas ao escultor entregarase no próximo verán.