Carlos Gabriel Fernández Cortiñas presentou dous libros de viaxes na Casa dos Poetas de Celanova
19 feb 2024 . Actualizado a las 19:12 h.Na Casa dos Poetas de Celanova presentou o xornalista e escritor Carlos Gabriel Fernández Cortiñas dúas das súas obras, concretamente os volumes «50 lugares sagrados de Galicia» e «50 lugares máxicos de Galicia». No acto estivo acompañado polo secretario da Fundación Curros, Antonio Piñeiro.
A obra que se centra nos lugares sagrados ofrece un percorrido dende a serra de Larouco aos montes de O Pindo ou á Mariña lucense. Repara o libro nas milagres imposibles, ritos milenarios, augas curativas e lugares de poder que forman parte dos mitos e lendas galegas. Cada un dos espazos seleccionados está referenciado coas súas coordenadas, a forma de chegar e as referencias de Google Maps.
Capítulo para O Cristal
No volume «50 lugares máxicos de Galicia» Carlos Gabriel Fernández mantén o mesmo esquema. Entre os espazos que se inclúen neste libro aparece un vencellado co propio municipio de Celanova, xa que figura un capítulo centrado na lenda da virxe do Cristal.