Antela Costa expón «Txarka» unha nova ollada da muller, no claustro de San Rosendo en Celanova

Fernando Páez OURENSE

CELANOVA

Antela Costa, dibujante de cómics, posa en el casco historico de Ourense
Antela Costa, dibujante de cómics, posa en el casco historico de Ourense Santi M. Amil

A artista macedá quere mostrarlle ó público a sua vision da muller, baixo a trama de catro historias entrelazadas

09 mar 2024 . Actualizado a las 15:18 h.

Durante este mes de marzo no claustro do monasterio de Celanova, co gallo dos actos que o centro sociocomunitaro quere realizar para conmemorar o Dia da Muller, Antela Costa da a súa visión das etapas da muller, nunha exposicion baseada en viñetas de cómic. Ó longo desta mostra vanse relatando catro historias nas que a muller é a protagonista. En cada unha destas historias o visitante verase inmerso na realidade que viven as mulleres ó longo dos anos. Podemos encontrar a historia dunha porca brava que é defensora do medioambiente e co seu bo facer evita que os crimes á natureza saian impunes. Ou a dunha bruxa de Ortigueira que cos seus feitizos castiga ós homes malos que mallan nas mulleres. «Trátase dunha vision particular da mítica Pepa A loba, abandeirada do movemento feminista», comenta a autora. Tamén está a carreira a contracorrente dun salmón que loita por desovar e perpetuar a súa especie, unha homenaxe particular que a artista lle fai a súa nai.

Antela busca inspiración na cotidianidade do seu día a día e nas fondas pegadas que as súas raices familiares lle evocan. «Son filla de artistas, miña nai é dramaturga e meu pai escultor, dende moi nena intereseime pola pintura e o cómic», di Antela con orgullo.

Os seus primerios recordos son cun lápiz na man creando trazos e debuxos que daban corpo as súas fantasias. Heroínas que loitaban contra todo tipo de males e inxustizas. Algúns deses traballos aínda os conserva con agarimo.

Grazas a esta afección tan temperá, tras o bacharelato decidiuse a facer Belas Artes e ao rematar especializouse en debuxo de cómic. «Para min debuxar é darlle saída ós meus sentimentos máis persoais e mostrar aos demais a miña visión sobre o que me rodea», comenta a artista con ton emocionado.

Esta exposición completa os actos que o centro sociocomunitario de Celanova ten organizados para este mes de marzo. Vai desenvolver o día 12, un obradoiro baixo o título «Muller e saúde». Quérese animar á cidadanía feminina da vila de San Rosendo a achegarse e aprender sobre os cambios evolutivos, que se producen e prever enfermidades.