Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Fundación Curros Enríquez atendeu a once mil visitantes no 2024

La Voz

CELANOVA

Reunión do padroado da Fundación Curros Enríquez para fallar o Premio Celanova, Casa dos Poetas, 2025.
Reunión do padroado da Fundación Curros Enríquez para fallar o Premio Celanova, Casa dos Poetas, 2025. Teresa Cela

O padroado estuda unha renovación da exposición museística cara o viséximo aniversario da apertura da Casa dos Poetas

10 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais de fallar o 41ª Premio Celanova, Casa dos Poetas, os 16 membros do padroado da Fundación Curros Enríquez, reunidos o sábado na vila, abordaron outros asuntos.Na valoración do ano 2024, destacouse que máis de once mil persoas foron atendidas pola fundación nas actividades e servizos que a entidade desenvolveu na Casa dos Poetas ou na Torre de Vilanova dos Infantes. Na casa recibíronse a  cinco mil visitantes atendidos, entre eles 2.800 escolares. Outras visitas chegaron atraidas por atividades como exposicións, conferencias, proxeccións ou xornadas de convivencia. Unha das actividades destacadas no 2024 foi a de presentacións de libros, ata 23

Para 2025 se reforzará a proposta de actividades literarias con roteiros destinados a escolares, grupos e visitantes en xeral; se retomará a foerta do percorrido da Ruta Currosiana que unía os lugares mencionados por Manuel Curros Enríquez nos seus poemas. Os membros do padroado abordaron a proposta de reforma do edificio da casa familiar de Manuel Curros Enríquez, co engadido dunha memoria da proposta de actualización museística para renovala de cara ao viséximo aniversario da apertura da Casa dos Poetas, que será en 2026.