O festival terá lugar o sábado pola tarde
20 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Sábado 21 • 18.00 horas • A rede Aldear (integrada por case 30 entidades culturais do rural de Ourense e Lugo) elixiu Manzaneda para a súa asemblea, que inclúe tamén un festival de saberes aberto a toda a veciñanza. A cita será o sábado a partir das seis da tarde. O programa de Pedra, que así se chama o festival, inclúe actividades para todas as idades, como experiencias científicas, xogos tradicionais e música en directo. Terá lugar no pavillón desde as seis ata as oito. A esa hora comenzará a actuación de Airiños de Caldelas, que partirá do polideportivo para facer un pasarrúas polo casco urbano.
As actividades teñen entrada gratuita e non é precisa invitación nin inscripción previa.