Triple cita en Expourense

La Voz REDACCIÓN

MONTERREI

MIGUEL VILLAR

Cunha única entrada de dous euros é posible acceder a tres citas diferentes: Celebra, Salón de Vodas e Actos Sociais; Bebega, Mostra do Bebé e Antiq Auria, a Feira Internacional de Antigüidades

24 nov 2018 . Actualizado a las 19:09 h.

Expourense ofrece esta fin de semana triple cita para as familias: Celebra, a edición número dezanove Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais; Bebega, a segunda Mostra do Bebé, e Antiq Auria, a segunda edición da Feira Internacional de Antigüidades. As dúas primeiras celebraranse mañá e o domingo mentres que a terceira comezará xa hoxe, venres, a partir das 17.00 horas. En total, un cento de expositores presentarán os seus produtos e servizos especializados no recinto feiral.

Celebra

A edición número dezanove de Celebra presentará a calidade, o deseño e a orixinalidade cos que traballan as empresas ourensás, xa que a meirande parte deles proceden desta provincia. Esta cita contará presentará unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais tales como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e lanzamentos de novos produtos, etcétera.

As pasarelas volverán convocar ao público que se achegue para coñecer as últimas tendencias en moda nupcial e festa. Terán lugar tanto o sábado como o domingo ás 18.00 horas. e contarán coa participación das seguintes empresas: Alma (Moda noiva e festa); Angelo Milano (traxes de noivo e cerimonia); Badaladas (moda noiva, comuñón, bautizo e festa); Drácena (arranxos florais); Loyma (xoiaría); Nicandra (moda noivas e festa); Paris Diffusion (perruquería e estética). Esta actividade estará coordinada pola Axencia Luena. Todas estas firmas aseguran a organización dun evento 100 % ourensán, xa que ademais todas elas contan con coleccións de fabricación e deseño propio. Estas galas estarán presentadas pola eurovisiva cantante Lucía Pérez que tamén actuará e presentará canción do seu último disco Quince soles.

Outra das actividades que terá lugar durante Celebra será a cata de viños para público especializado organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e que terá lugar o sábado ás 17.00 horas.

Para premiar a fidelidade dos visitantes ante os expositores, realizarase o sorteo dun vale de compra de 700 euros entre as persoas que visiten durante o salón os stands das firmas que colaboran con esta iniciativa. Este vale poderán consumirse na empresa que desexe a persoa agraciada no sorteo tendo ata o 30 de abril de 2018 para consumilo.

Unha ducia de sectores estarán presentes en CelebraA destacando a oferta en restauración, organización de viaxes e animación de eventos que son os que contan con maior representación. Tamén terán o seu espazo a moda nupcial e de festa, aluguer de vehículos, restauración, animación e discotecas móbiles, xoiería, perruquería e estética, fotografía, floristería, agasallos e prensa especializada. Tamén haberá empresas especializadas na organización integral de eventos, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas.

As empresas expositoras ven en Celebra unha oportunidade para reactivar o comercio minorista nunha cita á que acode público obxectivo na busca dos produtos e servizos especializados nos que prima o trato próxmo e persoal co cliente. Celebra concentra un importante volume de negocio, xa que o custo medio dunha voda en Galicia está a rondar os 20.947 euros, segundo datos do portal especializado www.bodas.net. Este mesmo portal indica que as vodas contan con cada vez menos convidados (130 de media) pero que o gasto realizado polos noivos en cada un deles é maior.

Bebega

Bebega, a segunda Mostra do Bebé, é unha mostra especializada para axudar ás familias a preparar a chegada do novo membro da familia. As empresas e asociacións participantes ofrecerán un escolma de produtos e servizos orientado ao benestar do bebé: puericultura, moda, decoración, agasallos, desenvolvemento intelectual, psicoloxía, ioga ou obradoiros de maquillaxe para os maís pequenos… Psicología Torres, Nenoos Ourense, Centro Akiwa Zen, May Painting e Stop Accidentes serán as entidades que impartirán estas actividades. Ademais da Asociación Galega de Matronas que participarán nesta cita un ano máis para resolver as dúbidas tanto das embarazadas como das que veñen de dar a luz. Os visitantes de Bebega poderán participar en varios sorteos de material para bebés e de dúas sesións de belly painting, pintura para barrigas de embarazas.

Información útil

O programa completo de actividades, de carácter gratuíto, pode consultarse na web www.expourense.org.

O horario de apertura de Celebra e Bebega será sábado e domingo de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas. Mentres que o horario de Antiq Auria será o venres de 17.00 a 21.00 horas e sábado e domingo de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 h. A entrada terá un custo único de 2 euros e permite acceder ás tres feiras.