A Xuntanza de Monterrei lembrará a Áurea Rodríguez

La Voz

MONTERREI

Presentación da xuntanza de Monterrei
Presentación da xuntanza de Monterrei NOA IGLESIAS

A edición deste ano estará dedicada ás mulleres gaiteiras e a de Cartelle, de Os Maravillas, foi a pioneira de Galicia

23 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 30 e 31 de agosto • Flariz e castelo de Monterrei • Hai xa anos que os investigadores recuperaron do esquecemento a María Aurea Rodríguez Rodríguez (Muntián, Cartelle, 1897). Foi a pioneira das gaiteiras de Galicia e liderou o grupo Os Maravillas —que formou xunto aos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo—. A fama dos de Cartelle levounos a facer actuacións en Madrid —onde Áurea Rodríguez foi nomeada «La reina de la gaita gallega»— e xiras por Arxentina. A mediados dos anos 40 do pasado século había novas dela, as últimas, tocando en Venezuela. E a trixésimo novena Xuntanza Internacional de Gaiteiros renderá homenaxe a Áurea Rodríguez nunha edición que estará dedicada á muller gaiteira e que contará coa presenza de artistas de proxección internacional de Suecia, Alemaña, Bulgaria e Escocia. As actividades desenvolveranse na praza da Ermida de Flariz e no castelo de Monterrei.

 

Na presentación da xuntanza César Fernández, vicepresidente provincial, referiuse á actividade como «o encontro máis importante que se celebra en Galicia con persoas vinculadas ao mundo da gaita» e destacou o traballo de Xosé Lois Foxo como organizador. José Luis Suárez, alcalde de Monterrei, sinalou que «facer a xuntanza na acrópole máis grande de Galicia é un broche de ouro á nosa programación cultural».