O Concello acordou cambiar a denominación a petición dos veciños
16 abr 2019 . Actualizado a las 08:17 h.Os veciños de Nogueira de Ramuín trasladaron no seu día ao Concello a proposta de cambiar o nome dunha das rúas do pobo para buscar unha denominación máis axeitada. En base a esta demanda o grupo de goberno levou a pleno a iniciativa de mudar o nome da Rúa da Cagalla por Os Afiadores. O obxectivo desta nova denominación era o de «renderlle homenaxe e lembrar ao colectivo de ambulantes que son un sinal de identidade do municipio e os que levaron o nome de Nogueira de Ramuín polo mundo co seu traballo coa roda», segundo sinalou no pleno o rexedor municipal, César Parente. Una vez ratificado o cambio de denominación por parte da corporación municipal, procederase «a dar conta desta decisión aos veciños da rúa, ás administracións públicas interesadas e ás entidades, empresas e organismos que presten no municipio servizos destinados á colectividade, asemade ao INE, servizo postal, compañía eléctrica, Xerencia Territorial do Catastro, etcétera», segundo se sinalou dende o Concello de Nogueira de Ramuín.