Descubriuse unha placa conmemorativa no desaparecido Hotel Carlos
02 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O concello de O Carballiño, da man da Fundación Insua dos Poetas, rendeu homenaxe aos cinco escritores da Xeración Nós que en 1926 pasaron a noite no hoxe xa desaparecido Hotel Carlos. Fíxoo este sábado, descubrindo unha placa conmemorativa nese espazo, un detalle que serviu de punto de partida para a andaina Camiño de Nós.