FIC Bueu premia o traballo sobre os doces da Cerviño

La Voz

O CARBALLIÑO

O profesor Ricardo Paz con dúas da alumnas premiadas
O profesor Ricardo Paz con dúas da alumnas premiadas Cedida

A película foi realizada polos alumnos do IES Chamoso Lamas do Carballiño

26 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Confitería Cerviño é unha institución no Carballiño. Cun legado que se transmite de xeración en xeración, a súa historia e a súa tradición familiar centraron o traballo dos alumnos de 3º da ESO do IES Chamoso Lamas. Foron eles quen hai dous anos promoveron a exposición que aínda se pode ver xunto á pastelaría —con lonas onde figuran imaxes históricas do traballo na mesma— e gravaron a película «Cen anos doces». A curta foi escrita, rodada e montada por eles mesmos, coa axuda dos profesores de Audiovisuais do centro.

A película foi recoñecida co primeiro premio da sección de cine feito por escolares no Festival Internacional de Curtas de BUEU (o FIC Bueu). Os rapaces do Chamoso gañaron na categoría de Educación Secundaria na décimo sétima edición do certame, que rematou hai uns días.