Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Banda da Loba ouveará este sábado no Carballiño

La Voz

O CARBALLIÑO

A Banda da Loba
A Banda da Loba Cedida

O grupo ofrecerá un concerto no Auditorio Manuel María

18 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 22 • 20.00 horas (apertura de portas ás 19.30 horas) • Auditorio Manuel María • O Carballiño • Logo do éxito na Sala Capitol de Santiago de Compostela e de pasar pola Coruña as integrantes de A Banda da Loba chegarán este sábado ao Auditorio do Carballiño. A presentación de «Lovismo» na vila promete ser unha sesión especial, xa que como se lembra dende esta formación pola mesma andivo a Pepa Loba e iso fai que sexa unha cita ilusionante. Disque será o do Carballiño «un concerto cheo de sorpresas no que actuará, entre outras, a cantante carballiñesa Noemí Duro, coñecida polo seu paso polos concursos ‘Pequenos fenómenos’ e ‘Idol Kids’, e a bailarina Fabiana Taboada, do videoclip ‘Lova’». A Banda da Loba está formada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez (violín), Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra (voz) e Iria de Cabo (guitarra). O traballo «Lovismo» marca o regreso da formación aos escenarios logo dun ano lonxe dos mesmos. Foi o tempo que empregaron en crear este quinto traballo do grupo. Son once temas que teñen como fío condutor o amor, nas súas múltiples expresións. As entradas están en vivetix.com e, unha hora antes, na billeteira.