
Estará acompañada na actividade por Francisco Fumega e Miguel Anxo Fernández
28 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Día 29 • 12.30 horas • Cemiterio de Señorín • O Carballiño • A tenda de deseño galego OZOCO gz ten programada para esa semana unha nova cita do seu ciclo de presentacións. E neste caso non será no seu espazo habitual, a tenda da rúa Curros Enríquez, senón nun escenario que non adoita a acoller este tipo de propostas: o cemiterio parroquial de Señorín.
No camposanto do Carballiño será onde se presente o libro «As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos», de Emma Pedreira. Para dar a coñecer o título publicado por Baía Edicións a autora estará acompañada polo historiador e profesor Francisco Fumega Piñeiro e por escritor, crítico de cine e docente Miguel Anxo Fernández.