Benigno Moure adicou o Grelo de Ouro a todo o seu equipo de San Rosendo

JESÚS MANUEL GARCÍA OURENSE

OURENSE CIUDAD

MIGUEL VILLAR

O restaurante Sanmiguel recibiu o Premio Galicia de Gastronomía nun acto conxunto que tivo lugar onte «Sinto alegría, gratitude a Deus e gañas de felictar a tódolos que traballan e gañas de seguir traballando con ilusión». Esto dicía onte Benigno Moure Cortés, presidente da Fundación San Rosendo, momentos antes de recibir o Grelo de Ouro que lle concedeu a Fundación O Grelo-Amigos de Galicia. O acto incluiuse nunha programación relixiosa e cultural ademáis de gastronómica porque o restaurante Sanmiguel tamén recibía o Premio Galicia de Gastronomía da devandita fundación cultural.

25 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

Ó mediodía, na capela do Santo Cristo da catedral, celebrabase unha misa presidida polo bispo emérito de Mondoñedo-Ferrol, Miguel Anxo Araúxo e polo titular da diócese ourensán, Carlos Osoro concelebrando tamén o homenaxeado, Benigno Moure. A capela encheuse de autoridades políticas e membros de San Rosendo. Cantou a Coral Ourensana. Ó remate, o bispo de Ourense adicou parabéns a Benigno Moure. De seguido houbo un acto cultural no Simeón onde a Real Banda de Gaitas fixo un recebemento co Himno do Antigo Reino de Galicia. Contou coa Coral Ourensana que cantou dúas pezas dos maestros Vide e Salgado Valdés. O presidente de O Grelo, Jesús Busto, falou de tres membros xa desaparecidos desta fundación: Suso Vaamonde, Daniel Hortas e Fernando Pereira. Tamén usou a tribuna o poeta lucense Xosé Rodríguez Barrio. Tra-lo xantar, celebrouse o acto propiamente dito da entrega de galardóns. En primeiro lugar, recibiron o Premio Galicia de Gastronomía Julio Martínez, propietario do Sanmiguel, e seu fillo, Santiago. Fraga entregoulles a placa e Moncho Vilas, o diploma. «Agradezco este reconocimiento a mi padre tras casi 50 años de trabajo. Gracias por haberse acordado de esta familia», dixo Santiago Martínez. Seu pai tamén deu as gracias sentíndose «en familia con todos vos». Beningo Moure foi o seguinte en achegarse á tribuna, despois de que Fraga lle impuxera a insignia do Grelo de Ouro 2000. O homenaxeado tivo un día de emoción e nervios, como confesaba na sacristía da catedral, porque «eu quería estar sempre oculto, calado, quieto e non te deixan».