Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Educación crea unha nova sección da Escola Oficial de Idiomas en Ourense

OURENSE CIUDAD

O instituto Eduardo Blanco Amor acollerá este novo servizo

29 sep 2012 . Actualizado a las 15:19 h.

Ás seccións da Escola Oficial de Idiomas que este ano entraron en funcionamento en Celanova e Ribadavia, a EOI de Ourense engadirá unha sección con 210 prazas para a ensinanza de inglés no Instituto Eduardo Blanco Amor de Ourense. Educación sinala que esta nova oferta dá resposta á demanda que se rexistra na escola e que se ofertarán sete grupos de inglés «en quenda de tarde, o horario máis demandado polos usuarios das escolas oficiais de idiomas». A EOI de Ourense incorporou este ano a ensinanza de chinés, con 120 prazas.