Ourense en Común reclama que a cidade lidere os actos do centenario da revista Nós
OURENSE CIUDAD
O portavoz desta formación califica de «cesión interesada» a da organización dos actos en favor da Xunta
31 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.O portavoz de Ourense en Común na corporación da cidade instou onte ao Concello a que lidere o proxecto de celebración do centenario da revista Nós. Martiño X. Vázquez lembrou onte que en dous anos, no 2020, cumprirase o centenario da edición do primeiro número -saíu á rúa o 30 de outubro de 1920- e o Concello de Ourense non ten previsto facer nada para celebrar a efeméride.
Para o portavoz da Marea «a cesión interesada de Jesús Vázquez á Xunta de Galicia da organización dos actos do centenario pon en risco a candidatura de Ourense como capital europea da cultura, a centralidade de Ourense neste evento, pon en risco os actos que se celebrarán e o papel que xogará esta cidade na celebración».
Ourense en Común, segundo avanzou onte, solicitará que sexa a cidade -«como berce da cultura galega, desta xeración e da revista Nós»- quen lidere o guieiro a seguir no centenario, en contacto co tecido e o activo cultural da cidade, como a asociación Procentenario Nós, nacida precisamente para defendera conmemoración do centenario».
Retomar o proxecto
Precisamente o promotor do movemento a prol do centenario, e último responsable da plataforma, Camilo Fernández Valdehorras asinaba o luns o manifesto
Rechamo por se acaso a prol do «Día de Nós», a nación-cultura galega
demandando retomar o proxecto.