Punxín súmase ao ciclo de festas gastronómicas coa da caza e o xabarín

La Voz OURENSE / LA VOZ

PUNXÍN

Santi M. Amil

O campo da festa e a Fundación Benigno Quiroga acollerán as actividades os días 7 e 8

04 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Punxín incorporase este ano ao ciclo de festas gastronómicas de Galicia e faino cunha proposta que é pioneira na comunidade autónoma e no Estado, segundo os seus organizadores. Durante esta fin de semana, os días 7 e 8, o campo da festa de Punxín e o edificio da Fundación Benigno Quiroga acollerán os actos da primeira edición da Festa do xabarín e da caza. O proxecto é unha iniciativa do Concello de Punxín e a empresa Mas Music, que conta co apoio da Mesa Galega pola Caza. O día 7, a partir das dez da mañá, haberá charlas sobre a caza e o xabarín, postos de artesanía e caza, tiro con arco, entrega de premios do concurso de carteis e actuacións dos grupos de música e baile tradicional Rebulir e Charanga Os Támega. O domingo haberá unha exhibición de cans de caza, mercado, tiro con arco, animación para cativos, música e entrega de premios de cans de caza. Dende a organización da Festa da caza e do xabarín Dolores da Silva salientou o feito de que a festa dará a coñecer o potencial de Punxín e tamén da caza. O xabarín poderase xantar os dous días, a partir das 13.00 horas.