Un machado de Rairiz para a «Peza do mes»

La Voz OURENSE

RAIRIZ DE VEIGA

MIGUEL VILLAR

José María Eguileta foi o encargado de explicar a peza

10 ene 2019 . Actualizado a las 21:00 h.

O arqueólogo José María Eguileta Franco foi o encargado de presentar, na sala Escolma de Escultura de San Francisco, a primeira entrega da «Peza do mes» do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Para a cita de xaneiro o Arqueolóxico escolleu, de entre os seus fondos, un machado puído que foi atopado no monumento megalítico de A Mota Pequena, en Monte Albán, no termo municipal de Rairiz de Veiga. Os monumentos megalíticos A Mota Grande e A Mota Pequena están ubicados nas ladeiras da liña divisoria norte entre a Limia Alta e o val do Arnoia. Xunto ao machado que se escolleu para a «Peza do mes» apareceu outro máis pequeno, unha punta de frecha e un pequeno vaso na excavación.