A rodaxe de «A Esmorga» trasladouse a Ribadavia

X. M. R.

RIBADAVIA

Santiago Miguez Amil

O equipo de Ignacio Vilar gravou na taberna do Papuxas

25 feb 2014 . Actualizado a las 15:51 h.

O director Ignacio Vilar continúa a rodaxe da súa nova película pola provincia de Ourense. As dúas semanas pasadas a actividade centrouse na cidade de Ourense, dende as Burgas e a Praza Maior ata a capela do Santo Cristo da catedral, e hoxe ten continuidade na vila de Ribadavia. O realizador elexiu a taberna do Papuxas, en pleno barrio xudeo, pola singularidade e características da mesma. Para ambientar «A Esmorga» buscaba un local que mantivese a esencia dos anos en que se desenvolve a acción e a taberna da capital do Ribeiro mantén moitas desas características: aínda ten o chan de terra e sigue sendo un dos seus atractivos a cita dos veciños para cantar no establecemento. Antonio Durán, Karra Elejalde e Miguel de Lira están gravando neste momento na emblemática taberna de Ribadavia.