Estrea da obra sobre as irmáns Touza en Ribadavia

La Voz

RIBADAVIA

Las hermanas Touza
Las hermanas Touza CEDIDA

A compañía Amorodio representará «A Nai» na capital do Ribeiro

18 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 21 • 20.30 horas Casa da Cultura • Ribadavia • A historia das irmáns Touza volverá de novo á capital do Ribeiro nesta fin de semana e vaino facer da man do grupo de teatro Amorodio, que escolleu a vila das irmáns para estrear o proxecto no que estiveron traballando nos últimos tempos e que leva por título «A Nai». O próximo sábado a compañía dará a coñecer unha proposta que naceu co obxectivo de «levar ás táboas dos teatros galegos, neste 2023, a historia silenciada das Irmáns Touza, veciñas de Ribadavia». A dirección correu a cargo de Marián Bañobre e o texto é da dramaturga Laura Porto. 

Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco serán os intérpretes da obra sobre Julia, Amparo e Lola Touza.