O Etnolóxico de Ribadavia acolle un obradoiro sobre a arte decorativa de Ucraína

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

Haberá dúas quendas e estarán impartidos por persoal do Museo Nacional de Artes Decorativas de Ucraína

27 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrecerá este domingo o obradoiro de Arte decorativa de Ucraína. O espazo museístico organiza a iniciativa aproveitando a visita que realizará á vila e á institución un equipo do Museo Nacional de Artes Decorativas de Ucraína. Daquela desenvolveranse dous talleres prácticos sobre a arte decorativa do país. Haberá dúas quendas. A da mañá estará orientada ao público infantil e ás familias e centrarase na estampación e o recorte. Para a tarde está prevista a dirixida ao público en xeral. Comezará as cinco e na mesma traballarase coas técnicas da pintura en sacas e os ovos de pascua. A participación é de balde, aínda que se debe formalizar a inscrición no 988 78 87 20 ou no mu.etnolóxico.ribadavia@xunta.es.

Visitas guiadas á biblioteca

Dentro da celebración do Día das Bibliotecas o Etnolóxico ten programada para este venres, ás sete, unha visita guiada á súa.