Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Carlos Núñez tocará no Ourense máxico

UXÍA CARRERA / x. m. r.

SAN CRISTOVO DE CEA

PACO RODRÍGUEZ

O vigués interpretará música tradicional inspirada no Pórtico da Gloria e do Paraíso máis as súas últimas colaboracións

18 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 21, 22 e 24 de xullo e 4 e 5 de agosto • Cea, O Carballiño, Celanova, Monterrei e Nogueira de Ramuín • 20 euros • O músico galego Carlos Núñez presentou no centro cultural Marcos Varcárcel os nove concertos da súa xira «Lugares máxicos», que percorrerá Galicia por segundo ano consecutivo. Das actuacións programadas cinco serán na provincia de Ourense.

Esta mestura de música con paisaxes fascinantes de Galicia comezará no mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, o vindeiro sábado, día 21. O día 22 será a actuación no templo da Veracruz, no Carballiño, e o 24 de xullo o músico estará no mosteiro de San Salvador de Celanova. Os dous restantes concertos serán no mes de agosto: o primeiro o día 4 na fortaleza de Monterrei e o último o día 5 no parador de Santo Estevo. Todos eles ás 21.00 horas e por un prezo de 20 euros. O repertorio será igual co ano pasado, con música cun recorrido de mil anos pasando polo estilo medieval, renacentista e barroco de Galicia. Os instrumentos estarán inspirados nos presentes no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, pero tamén no Pórtico do Paraíso, da basílica de Ourense.

A novidade será unha apertura do abanico de pezas, incluindo os seus grandes éxitos e as últimas colaboracións, como a banda sonora do filme «Mar adentro».

Carlos Núñez, na presentación, asegurou que será respectuoso cos lugares xa que «cada un inspira unha música distinta». Tamén afirmou que con esta xira desexa habituar á xente de fóra a coller o coche para vir a Ourense a gozar dun produto galego máis como é a música. «Os de Madrid fan unha hora de traxecto tódolos días para ir ao traballo e aquí temos a menos tempo lugares incribles», argumentou.

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e os representantes dos cinco concellos acompañaron no acto ao músico como apoio por ser a «única estrella planetaria da gaita», en palabras do presidente, ademais de considerar esta xira como unha oportunidade para posicionarse ao carón da «cultura con maiúsculas».

El espacio «Voces de Ourense» contará para la jornada de hoy con los responsables de la fundación Unicap, entidad que apuesta por una sanidad más cercana y humanizada. También conoceremos las propuestas de la presente edición de la Feria do 21, que se celebra este próximo fin de semana. Radio Voz se sintoniza en: Ourense 101.4, O Barco de Valdeorras 97.9, Verín 95.8, y Xinzo de Limia 96.9.