Xinzo pon en valor a súa historia cos castelos da Limia

La Voz

XINZO DE LIMIA

Entrega dos premios do concurso escolar sobre os castelos e as torres de A Limia
Entrega dos premios do concurso escolar sobre os castelos e as torres de A Limia cedida

A casa da cultura acolleu unha xornada sobre o patrimonio e as torres da comarca

18 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A vila de Xinzo acolleu a xornada «Os nosos castelo: a Limia, terra de torres». A mesma desenvolveuse na casa da cultura e xunto coas intervencións dos investigadores abriuse ao público una exposición sobre este patrimonio histórico que ten sido coordinada por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. Xunto ao mesmo participaron na xornada investigadores como Pablo S. Otero Pyñeiro Maseda —director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, entidade que organizou a xornada xunto ao Concello de Xinzo—, María Gloria de Antonio Rubio, Miguel García Fernández e Fernando Dopico, entre outros. No encontro tamén se proceeu a entregar os premios co concurso escolar sobre os castelos da Limia.

A actividade deste venres completarase en datas próximas cunha nova teatralización na Torre da Pena.