O galardón foi entregado nunha gala celebrada no Teatro Principal
25 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A Coral de Ruada creou hai anos o Premio Xavier Prado Lameiro para distinguir o labor desinteresado de persoas ou colectivos que se teñen distinguido polo compromiso coa cultura galega e o idioma. Na convocatoria deste ano o xurado acordou conceder a distinción á Asociación Cultural Aimil Folc e a entrega do galardón materializouse no acto que se celebrou este venres no Principal. No mesmo entregouse o diploma acreditativo e a peza de Buciños correspondente.
Ademais das actuacións da Coral de Ruada e do Coro Aimil, de Xinzo, na cita do espazo cultural ourensán tamén se levou a cabo a representación da obra de teatro «Todo ten goberno», de Xavier Prado Lameiro —o grupo escénico da Coral de Ruada tamén leva o seu nome—. A dirección da compañía correu a cargo de César Francisco González Fernández.