Os cacharreiros de Niñodaguia manteñen viva a tradición da fornada

La Voz OURENSE

XUNQUEIRA DE AMBÍA

cedida

A localidade de Xunqueira de Espadanedo viviu unha xornada festiva, con magosto incluido

07 nov 2021 . Actualizado a las 15:59 h.

Tralo parón obrigado pola pandemia, Niñodaguia recuperou este sábado a celebración da súa Fornada Tradicional. De feito, a festa tiña que celebrarse na Semana Santa, pero aprazouse. Además de cocer as súas pezas como se facía antigamente, houbo actividades lúdicas e gastronómicas durante toda a xornada. «A intención é manter esta tradición durante os anos», explica José Vázquez, un dos únicos dous cacharreiros que seguen tendo un obradoiro na zona.

Para asistir á festa invitouse aos visitantes a ir vestidos coma nos anos trinta y así o fixeron moitos. Ademais, o aprazamento permitiu facer coincidir este festexo co magosto e pola tarde houbo reparto de castañas.