O espazo de Xunqueira de Espadanedo reabriu as súas portas e ofrece visitas guiadas
14 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.De mércores a domingo • De 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 17.30 horas • Niñodaguia • Xunqueira de Espadanedo • Logo do paréntese das festas navideñas retoma a actividade o Museo de olería de Niñodaguia, un espazo onde se pode coñecer a historia deste oficio tradicional que se mantivo vivo ao longo dos séculos e que fixo da zona un dos espazos de referencia obrigada á hora de falar da historia da olería en Galicia. A evolución do oficio, a realidade dos antigos fornos comunais, as pezas que se foron creando para dar resposta ás necesidades da vida cotiá no rural galego e as novas propostas para adaptar o traballo artesán á demanda actual son aspectos que se poden coñecer a través dos contidos do museo. Pódese participar nas visitas guiadas —fanse ás 11.00, 12.00, 13.00, 14.00, 16.00 e 17.00 horas— e ao longo do ano organízanse obradoiros. Os últimos foron os do ciclo «Embárrate en familia» e os talleres de autor de outono con Susana Anta e Xaime Piñeiro.