Pontevedra conmemora a Rosalía de Castro con lecturas colectivas e degustacións do Caldo de Gloria
PONTEVEDRA
Distintas iniciativas desenvolvéronse este venres para celebrar a data de nacemento da autora compostelá
24 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Este 23 de febreiro, numerosos concellos da contorna da ría de Pontevedra conmemoraron o Día de Rosalía, efeméride que coincide coa data de nacemento de quen é definida polo Concello de Pontevedra como un «símbolo do país, Rosalía continúa a ser un icona pop dentro do século XXI, a artista máis internacional e referenciada dentro da cultura galega, o que permite albiscar a importancia da súa figura e a necesidade de continuar a reivindicación da mesma».
Deste xeito, sucedéronse lecturas colectivas, como no caso do propio concello capitalino, que fixo do centro social do Gorgullón o epicentro dos seus actos coa lectura de textos de Cantares gallegos e Follas novas, ou o de Poio, que trasladou a súa programación ao Casal de Ferreirós, onde ademais púidose degustar o Caldo de Gloria, «unha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia», destacan desde la Fundación Rosalía de Castro. Tamén programáronse celebracións en Marín e en Bueu.