A canadense «Eastern Anthems» gaña a novena edición do festival Novos Cinemas

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

«Configuración de un umbral» e «Los reinos» fixéronse, no seu caso, cos premios Ceres e Latexos

14 dic 2024 . Actualizado a las 18:50 h.

Por primeira, a entrega dos galardóns de Novos Cinemas desenvolveuse nun acto público celebrado este sábado na sala Zenet de Pontevedra. Deste xeito, o premio da sección oficial recaeu en Eastern Anthems, de Matthew Wolkow e Jean-Jacques Martinod, «pola sublime maneira de navegar e combinar diferentes linguaxes plásticas». Este filme tamén se fixo co Premio á Mellor Dirección da Sección Oficial, concedido polo xurado novo.

Ramón Leiro

Pola súa banda, Los capítulos perdidos, de Lorena Alvarado, obtivo unha mención especial do xurado oficial e gañou o do xurado da crítica, mentres que o da sección Latexos foi para Los reinos, de Manuel Muñoz, e o da nova sección Ceres recaeu en Configuración de un umbral, de Paolo Natale, Daniel Rodríguez e Sandra del Moral Abolafia. Por último, o premio do público foi para The human hibernation, de Anna Cornudella.

Ramón Leiro

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra baixará o telón este domingo (20.30 h.) coa proxección da primeira longametraxe da ourensá Paula Veleiro. A súa opera prima, Te separas mucho, é un proxecto xurdido no laboratorio de Novos Cinemas: «É a estrea en Galicia da película. Que sexa en Novos Cinemas é emocionante. Ten moita importancia sentimental. Hai tres anos, no laboratorio do festival, estaba chea de dúbidas e sen saber se algún día podería estreala. Novos Cinemas xoga un papel importante en Galicia á hora de apoiar un cine novo cunha nova linguaxe», sinalou a realizadora.

Ramón Leiro

Ademais, esta xornada completarase coa proxección, ás 12 horas, de As Melusinas à Margem do Río, de Melanie Pereira, filme escollido polo Festival Internacional de Documental de Melgaço, en Portugal, para ilustrar a sección Carta Branca ao MDOC: unha ponte cinematográfica con Melgaço coa que Novos Cinemas afonda na súa expansión internacional. Daniel Maciel, codirector artístico do MDOC, estará presente para contextualizar esta proposta.

Ramón Leiro

Ramón Leiro

De igual xeito, e dende as 17 horas, segunda e última parte do Foco dedicado a Maxime Martinot coa exhibición de La Disparition e Trois Contes de Borges, seguidas dun coloquio co propio director.