As Xornadas Gastronómicas en Feminino de Bueu homenaxean a Toñi Vicente

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

CONCELLO DE BUEU

Quince locais da vila crearán as súas propias tapas inspiradas na cociña desta chef

27 feb 2024 . Actualizado a las 17:56 h.

Do 7 ao 10 de marzo, o Concello de Bueu e a Asociación de Hostalaría da vila, coa colaboración da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo), desenvolverán as segundas Xornadas Gastronómicas en Feminino, iniciativa para poñer en valor o papel das mulleres na cociña. Coa vista posta no 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, quince locais da vila crearán as súas propias tapas inspiradas na cociña de Toñi Vicente, «muller pioneira na profesionalización da cociña e na visibilización feminina na hostalaría, e á que se lle renderá unha homenaxe».

Deste xeito, o propio 8-M, desenvolverase a homenaxe oficial a Toñi Vicente, así como se presentará o libro A miña cociña, que organizará a Libraría Miranda.