Bueu acolle a obra de teatro «De Vilatriste a Vilalegre»

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

BUEU

ALBA FURELOS

08 jul 2024 . Actualizado a las 17:39 h.

O parque Ramal dos Gatos de Bueu será o escenario este martes 9 de xullo a partir das nove da tarde da obra de teatro De Vilatriste a Vilalegre, unha creación de Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego para celebrar o 40º aniversario deste último.

CONCELLO DE BUEU

Codirixida por Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño sobre un texto de Roi Vidal Ponte, a obra outorga o protagonismo aos monicreques para que poidan gozar dela persoas de todas as idades.